Esther Trashorras: "Son charlas para as familias dos enfermos e para a poboación en xeral"

Afalu celebra dúas xornadas, o xoves e o venres en Xermade e na Pastoriza, sobre demencias e alzhéimer
Esther Trashorras, educadora social de Afalu. EP
photo_camera Esther Trashorras, educadora social de Afalu. EP

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afalu) organiza dúas charlas en Xermade e na Pastoriza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. 

En que consistirá a primeira delas?

En Xermade haberá un obradoiro de iniciación sobre demencias. Ademais, falarase das pautas non farmacolóxicas de intervención ante síntomas psicolóxicos e de comportamento en enfermos.

Quen imparte e cando será?

Imparte Judit Gayoso, psicóloga de Afalu, e a charla será este xoves 5 de 16.00 a 20.00 horas na biblioteca.

E a da Pastoriza?

Alí xa tivemos unha aproximación ao alzhéimer. A deste venres, día 6, versará sobre os coidados básicos. A enfermeira do centro de día de Afalu, Carmen Alvárez, falará sobre técnicas de mobilización, prevención decaídas, hixiene, alimentación e administración de medicamentos. Será tamén de 16.00 a 20.00 horas, na casa da cultura.

É preciso anotarse?

Si, ata ese día na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns ou no 982.26.38.38. Ambas están dirixidas ás familias dos enfermos e á poboación en xeral e todos recibirán un certificado de asistencia.

Comentarios