jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Endesa desexa que funcione un combustible alternativo para manter activa parte das Pontes

Central térmica de Endesa nas Pontes. EP
Central térmica de Endesa nas Pontes. EP

O conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, dixo este martes que oxalá se poida atopar algún combustible alternativo, como a biomasa, para que polo menos algún grupo da central de carbón das Pontes poida seguir activo no futuro.

Bogas, tras participar nunha mesa redonda no foro Spain Investors Day, sinalou que se están facendo probas con biomasa nesa planta térmica para avaliar a súa continuidade, aínda que sexa de forma parcial. No caso de que non houbese éxito, o peche desta central como a de Litoral, en Almería, produciríase en xuño de 2021, unha clausura que sucedería ás de Compostilla, en León, e á de Andorra (Teruel), as dúas centrais de Endesa que utilizaban carbón nacional e cuxo peche está previsto para xuño do presente ano.

Endesa desexa que funcione un combustible alternativo para manter...
Comentarios