Endesa cede tres estacións para que sirvan de refuxio de murciélagos

A Asociación Morcegos de Galicia prevé realizar "unha mostraxe acústica" dos exemplares presentes na zona
Murciélagos. AEP
photo_camera Murciélagos. AEP

Endesa anunciou este martes que cederá á Asociación de Morcegos de Galicia tres estacións de control ambiental que deron servizo á súa central das Pontes para convertelas en refuxio de morcegos, unha iniciativa que busca facilitar "a conservación e estudo" dos quirópteros na contorna. As instalacións están en Viveiro, San Sadurniño e As Somozas.

O grupo enerxético sinalou nun comunicado que esas infraestruturas serán acondicionadas para os seus novos usos no marco dun acordo que tamén contempla o "seguimento da colonización destas estacións".

Pola súa banda, a entidade desenvolverá "outras accións encamiñadas ao estudo da poboación de murciélagos" nos bosques próximos ao encoro de A Ribeira, propiedade da compañía privada, e actividades de divulgación para difundir entre a cidadanía "a importancia que teñen estes mamíferos para o ecosistema".

Segundo Endesa, xa se instalaron 30 caixas refuxio de murciélagos no bosque de Lostegal grazas á colaboración de 23 integrantes da asociación ambiental local Carril da Veiga Verde.

Mentres, a Asociación Morcegos de Galicia prevé realizar "un mostraxe acústica dos murciélagos presentes na zona" con apoio de voluntarios e unha iniciativa de captura "e marcaxe de exemplares para a identificación dos refuxios naturais de especies forestais".

Así mesmo, levará a cabo "un programa de tres noites de murciélagos para maior concienciación sobre a importancia dos quirópteros en municipios da contorna e realizarase un campamento de estudo de murciélagos forestais en Lostegal"

Comentarios