sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A emprender tamén se aprende

Alumnos del Lois Peña Novo de Vilalba organizan a súa primeira saída dentro da miniempresa Rede Activa Vilalba. C.ARIAS
Alumnos del Lois Peña Novo de Vilalba organizan a súa primeira saída dentro da miniempresa Rede Activa Vilalba. C.ARIAS

O IES Lois Peña Novo de Vilalba é o único da comarca chairega que participa no proxecto Lanzadeiras, dentro do Eduemprende da Xunta, coa posta en marcha de varias miniempresas

"O obxectivo é ofrecerlles aos alumnos unha alternativa máis para que teñan en mente á hora de plantexar o seu futuro laboral, que teñan claro que hai máis opcións para traballar", explica Emilio Silva, o director do IES Lois Peña Novo de Vilalba, mentres fala da importancia de educar na cultura emprendedora. Porque a emprender, como a todo, tamén se aprende. E ese é o reto do programa Lanzadeiras Lugo —enmarcado dentro do plan Eduemprende da Xunta—, no que o instituto vilalbés participa dende hai tres anos coa creación de miniempresas. 

"Non quere dicir que os alumnos vaian montar unha empresa do proxecto no que traballan no instituto, pero é unha forma de intentar que se acheguen a algo práctico e de que vexan que están facendo cousas que a xente valora, que se involucren", di o director do IES Lois Peña Novo, que destaca que este programa, ademais, "supón unha axuda importante para o centro", tanto "en impacto publicitario e reclamo" como en financiamento; hai premio económico para os mellores proxectos e o instituto xa conseguiu tres recoñecementos. 

"Hai dous anos gañaron un segundo premio con Deftogas, un sistema domótico que saltaba por acumulación de gas e activaba ventilación na zona para evitar riscos, e o ano pasado conseguiron outros dous, un segundo premio polo Ledómetro, que medía a satisfacción do público a través de emoticonos, e un accésit con Ensino Avós, que ofrecía cursos a domicilio de alfabetización dixital para maiores", sinala Silva, que indica que neste curso os alumnos están poñendo en marcha catro miniempresas novas. 

MINIEMPRESAS. Os 13 estudantes de 1º de Atención á Dependencia estrearon hai poucos días a Rede Activa Vilalba coa súa primeira actividade, unha xornada de acompañamento con usuarios do centro ocupacional polo mercado. 

miniempresas vilalba 003O seu proxecto propón diversas actividades adaptadas que teñen como obxectivo empoderar ás persoas con dependencia no contorno, coñecendo a súas realidades e as súas historias de vida. "Queremos fomentar a inclusión das persoas dunha forma normalizada na vida cotiá", di Sara Paz, unha das profesoras involucradas. Tamén farán algunha excursión polo contorno e outras a lugares máis afastados como Santiago. 

Os doce alumnos de 1º de Informática de Oficina crearon Tecnolife, unha pequena empresa que proxecta reciclar elementos electrónicos para "darlles unha segunda vida" e facer bisutería, como pulseiras con nome cos teclados. Para iso, instalaron unha caixa para que o restos de alumnos do centro poidan deixar o material co que eles traballarán. O obxectivo? Crear unha páxina web co catálogo dos produtos deseñados y poñelos á venda. 

minisempresas vilalba001

Outra das miniempresas do IES Lois Peña Novo chega da colaboración entre alumnos de Informática de Oficina e de Mantemento de Vehículos. Un total de 15 estudantes conforman o proxecto Vixía, que trata de deseñar un sistema de emerxencia para vehículos para comunicarse coa central do 112 Galicia en caso de accidentes. 

minisempresas vilalba002"Dende 2018 este botón xa vén por lei nos coches pero a idea é facer o sistema para instalalo nos vehículos antigos", explican. Informática encárgase de crear o dispositivo, e automoción de integralo no vehículo. 

A outra miniempresa que está tomando forma no instituto vilalbés e Párking Solucións, promovida polos alumnos de 1º de Instalacións Eléctricas e Automáticas. "É o deseño da seguridade e xestión dun párking, para chegar cun coche e que unha cámara lea a matrícula para acceder e outro sistema complementario para que leves no teu móbil e que ninguén poida abrir a porta coa túa matrícula, pero é algo que aínda estamos deseñando", explican os responsables do proxecto. 

minisempresas vilalba003

Así, nun salto ao que podería ser a vida real, os alumnos aprenden a emprender. A fallar, a acertar, a atopar solucións, a estudar novas posibilidades ou incluso a saltar atrancos. E nesa realidade que case poden palpar participarán a finais de curso en Santiago nunha xornada á que se presentan miniempresas doutros centros. 

A emprender tamén se aprende
Comentarios