Tres empregados da planta de Lactalis en Vilalba dan positivo en coronavirus

O contaxio produciuse fóra da fábrica
Nave de Lactalis en Vilalba. ARCHIVO
photo_camera Nave de Lactalis en Vilalba. ARQUIVO

Tres empregados da planta que Lactalis ten en Vilalba deron positivo en coronavirus esta semana, aínda que ao parecer teríanse contaxiado fóra da fábrica, segundo apuntaron fontes da empresa.

Os afectados están illados nas súas vivendas e nas instalacións da firma procedeuse a realizar o protocolo de desinfección. Ademais, o Sergas xa levou a cabo o cribado entre os empregados que compartiron quenda cos contaxiados, arroxando todos eles resultados negativos.

Tamén faránse probas ao resto do persoal, segundo explicou a empresa.

CRIBADO NO SANXILLAO. Por mor de dous positivos están a realizarse probas PCR a 18 profesores e 22 alumnos do Ies Sanxillao de Lugo, o que afectou a algunhas gardas de docentes.

Comentarios