Emendado o problema da traída da auga en Castro de Rei, á espera das últimas análises

O alcalde confía en poder confirmar á poboación este mércores que a auga é apta xa para o consumo
La OCU quiere que sea obligatorio ofrecer agua del grifo gratis en los bares. EP
photo_camera Agua del grifo. EP

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, asegurou este martes que se emendou o problema da auga da traída, que provocou que se interrompese a súa subministración en 14 parroquias, afectando a máis de 3.000 veciños, pola alta presenza de arsénico. Antes do pleno da Deputación de Lugo, o tamén deputado provincial do PP, defendeu que "agora xa está todo ben, e emendouse o problema inicial".

Balado constatou que "xa o xoves pasado substituíronse as partes dos filtros que deixaban pasar area e deixaban pasar todo a auga sen tratar e agora estase á espera das analíticas que se realizaron onte (luns) pola mañá".  Dito isto, expresou a súa confianza de que este mércores "xa se poida trasladar á poboación unha mensaxe de tranquilidade", no sentido de que o auga é apta para o consumo

Aínda que remarcou que "é consumible", si que avisou de que non se pode trasladar esta mensaxe sempre que non se teñan os resultados das probas analíticas que se fixeron na pasada xornada". 

A pasada semana, Castro de Rei viuse obrigado a interromper o consumo de auga, en 14 parroquias, por esa alta presenza de niveis de arsénico por encima dos límites que marca a Unión Europea.