Elba Veleiro inicia unha excedencia no PAC vilalbés para adicarse ao 100% ao Concello

Tras 39 anos de consulta, a alcaldesa tomou finalmente esta decisión ante a imposibilidade de compaxinar ambas tarefas

Elba Veleiro, en su consulta de Vilalba. DELEGACIÓN
photo_camera Elba Veleiro, na súa consulta de Vilalba. DELEGACIÓN

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, terá a partir de agora adicación en exclusiva ao Concello tras iniciar unha excedencia no PAC vilalbés, onde pasou consulta por última vez o venres.

"Era imposible compaxinar as dúas cousas porque o centro de saúde e as responsabilidades de atención tamén requiren unha dedicación exclusiva", di a rexedora, que tiña un cupo duns 1.400 pacientes.

"É algo imprescindible neste momento", indica Veleiro, que non sabe se volverá ao centro de saúde co tempo. Polo de agora ten solicitada unha prórroga dun ano para non entrar na xubilación.

"Non sinto pena porque non rompo os vínculos cos meus pacientes, sigo á súa disposición aínda que sexa doutra maneira e sen bata branca", di cun sorriso unha profesional que leva case 39 anos de consulta.

Comentarios