martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

A Deputación inaugura en Meira a sétima residencia para maiores da provincia

Antonio de Dios y Jośe Tomé, durante el acto inaugural.C.P.R.
Antonio de Dios e Jośe Tomé, durante o acto inaugural. C.P.R.
O novo centro dispón dun total de 30 prazas  Os preingresos comezarán este venres

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, inaugurou o cuarto Centro de Atención a Maiores construído e equipado pola institución no que levamos do presente mandato, de modo que a rede provincial de xeriátricos contará a partir de agora con sete sedes noutros tantos municipios lucenses: Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde, Pedrafita, A Fonsagrada e Meira.

José Tomei inaugurou o Centro de Atención a Maiores Santa María, de Meira, acompañado polo alcalde da localidade, Antonio de Dios, no transcurso dun acto no que tamén participou o persoal da nova residencia de anciáns e veciños da localidade.

Durante a súa intervención, dixo que o novo xeriátrico "ofrecerá un servizo público de calidade, que garanta o benestar e a tranquilidade dos usuarios e as súas familias" e que "favorecerá o arraigamento dos maiores na súa contorna, ademais de crear emprego e dinamizar a economía". 

Segundo Tomé, o novo xeriátrico "creará 25 postos de traballo" directos nesta localidade lucense, o que contribuirá a fixar poboación no municipio, porque un dos principais problemas do rural é que se está quedando sen xente".

O CAM de Meira dispón de 30 prazas de residencia, que poderían ser 38 se así o require a demanda. De acordo co modelo de xestión aprobado pola Deputación e o Concello, terán prioridade de acceso ao xeriátrico os veciños da localidade, logo os dos municipios limítrofes e, finalmente, os doutros lugares da provincia de Lugo.

En canto ao prezo do servizo, o custo da praza adaptarase á capacidade económica das persoas maiores, para que todo o mundo poida ter acceso á residencia pública.

A Deputación de Lugo informou de que os primeiros preingresos comezarán xa este 26 de novembro.

A Deputación inaugura en Meira a sétima residencia para maiores da...
comentarios