O Día das Parroquias dedicado a Lanzós pecha as festas patronais de Vilalba

Unha comitiva capitaneada por 15 nenos con carteis cos nomes dos barrios do lugar homenaxeado

Los más pequeños de Lanzós llevaron carteles con los nombres de los barrios de la parroquia. C.ARIAS
photo_camera Os máis pequenos de Lanzós levaron carteis cos nomes dos barrios da parroquia. C.ARIAS

As festas de San Ramón e Santa María de Vilalba despídense tras case dúas semanas cargadas de actos. E os veciños de Lanzós, nos Días das Parroquias, foron os encargados de pór o broche final aos actos diúrnos —pola noite esperábase outra multitudinaria verbena con Xacobeo e Panorama—.

Unha comitiva capitaneada por 15 nenos con carteis cos nomes dos barrios da parroquia homenaxeada este ano chegou á igrexa con varias cestas con alimentos como ofrenda para San Ramón e imaxes dos seus principais recursos ou o seu patrimonio: o capón, a igrexa, a charca, as 
mallas, os muíños, o carballo centenario á beira da capela...  

Eva Rochela, da asociación de veciños Asvela, falou sobre unha parroquia unida e tamén "festeira", que celebra cinco festas, incluíndo os dous patróns, e todas as extraoficiais, como o magosto, o Entroido, a comida anual, unha romaría na charca ou a Festa dá Xuventude. 

Comentarios