Detidos tres veciños de Lugo polo asalto a un taller en Castro de Rei

Os feitos polos que son investigados sucederon o pasado mes de outubro
Guardia Civil. EUROPA PRESS
photo_camera Garda Civil. EUROPA PRESS

A Garda Civil detivo tres persoas en Lugo polo roubo con forza nas cousas perpetrado nun taller en Castro de Rei. 

Segundo informa a propia Garda Civil, foron detidos tres veciños de Lugo de 21,24 e 48 anos de idade, como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas. 

Os feitos polos que son investigados sucederon o pasado mes de outubro, cando autores descoñecidos levaron diversa maquinaria e material do interior dun taller situado no termo municipal de Castro de Rei. 

A investigación realizada permitiu identificar aos supostos ladróns, que xa foron postos a disposición xudicial.