Detido o presunto autor de varios roubos en garaxes de Vilalba

As subtraccións, por valor duns 4.000 euros, producíronse en 2020 en vehículos estacionados
Luz de una sirena de policía. AEP
photo_camera Luz de una sirena de policía.

Axentes da Garda Civil da área de investigación de Vilalba procederon este mércores á detención do presunto autor dunha serie de roubos cometidos o pasado ano en varios coches, cando estes se achaban estacionados en garaxes comunitarios desta vila.

Ao detido considéraselle responsable dun delito continuado de roubo con forza en interior de vehículos por, supostamente, polo menos sete subtraccións de diversos artigos que se atopaban nos automóbiles afectados, denunciadas en menos de 15 días.

O valor das diferentes pertenzas subtraídas nestes roubos ascendería a ao redor de 4.000 euros, ao que ademais hai que sumar o valor dos cuantiosos danos provocados nos vehículos.

A Garda Civil abría unha investigación fai preto dun ano, ao ter coñecemento da existencia de varios incidentes ocorridos en garaxes da capital chairega cun modus operandi similar, para intentar localizar ao autor ou autores dos mesmos.

Así, os feitos que conduciron a esta detención remóntanse aos días 28 e 29 de outubro e 5 e 6 de novembro. Segundo precisan desde a Benemérita, o home entraba nos garaxes comunitarios, ou ben aproveitando que estaban abertos ou ben a través dos portais dos edificios –nun dos roubos denunciados, as cámaras de seguridade captaron a un encapuchado entrando ao garaxe por unha porta que dá ao portal e saír apenas cinco minutos despois–. Unha vez nas instalacións, rompía a fiestra do vehículo elixido e subtraía os efectos de valor.