Detido un mozo de Meira por conducir con alcoholemia positiva

Tamén ameazou con facer caso omiso a axentes 
Guardia Civil. EP
photo_camera Garda Civil. EP

A Garda Civil detivo a un condutor veciño de Meira como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e impútalle, ademais, outro de resistencia a axentes da autoridade por ameazar con facer caso omiso aos gardas que lle deron o alto. 

Segundo informou o Instituto Armado, foi detido un veciño de Meira de 33 anos de idade como presunto autor dos delitos de resistencia e contra a seguridade viaria. 

Tras identificar ao condutor dun turismo que circulaba pola estrada N-640, no quilómetro 70, ao seu paso polo termo municipal de Castro de Rei, este ameazou con facer caso omiso ás indicacións dos axentes e continuar a marcha se non se retiran. 

Os axentes procederon a realizarlle unha proba de alcoholemia, na que este condutor obtivo un resultado de 1,13 miligramos de alcol por litro de aire expirado. 

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial

Comentarios