Detido o home que saboteou dous coches da Policía Local e outro de Protección Civil

é un veciño da localidade e ten 68 anos
Protección Civil. ARCHIVO
photo_camera Protección Civil. ARQUIVO

A Garda Civil das Pontes detivo este martes ao home que picou as rodas dous coches da Policía Local e outro de Protección Civil uns días na localidade. A detención chega logo dunha investigación que iniciou a propia Policía Local.

Desde o primeiro momento tiñan identificado ao autor dos feitos, xa que houbo testemuñas presenciais e foi filmado polas cámaras. O detido, con iniciais J.M.C.V., é veciño das Pontes e ten 68 anos.

Os danos ascenden a 2.100 e segundo o artigo do Código Penal 265 poden ser incluso penados con cárcere ao deixar fóra de servizo a un corpo de seguridade do Estado.