Denuncian os danos causados por un camión "sen matricula" nunha vía da Pastoriza

O vehículo é un dos empregados pola canteira de Xemil para transpórtelle de material

O elevado tránsito de camións de gran tonelaxe pola LU-P-1106, ao seu paso entre Mondoñedo e A Pastoriza, que xera a explotación dunha mina en strong <>Xemil, foi unha vez máis obxecto de denuncia. Nesta ocasión foi un vídeo subido a Twitter por un usuario o que sinalou os danos que estas máquinas causan en nbsp;a&vía. 

Ademais da achega do vídeo, no que se ve a un camión cargado de lousa circulando á altura do quilómetro 16, o usuario apunta que o vehículo circulaba "sen matrícula".

O paso destas xigantescas máquinas fan evidentes estragos na estrada provincial, un problema que os veciños xa transmitiran < strong>Deputación de Lugo, ente encargado do mantemento destas vías.

O presidente en funcións da Deputación, Darío Campos xa visitara este traxecto o pasado mes de agostoacompañado polo alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, co obxecto de coñecer en primeira persoa os danos causados por estes camións sobre o firme da vía.

Por aquel entón, o Servizo de Vías e Obras da Deputación constatou as "numerosas deficiencias" tanto no firme e nas cunetas así como na seguridade. Ademais, o servizo técnico do ente provincial comprometeuse en trasladar á empresa explotadora da canteira os pasos a seguir para devolver ao seu estado o tramo da vía e garantir aos seus usuarios a seguridade, así como a redactar o proxecto técnico para acondicionar este viario. 

Comentarios