O cupón do fin de semana da ONCE repartiu 40.000 euros na capital chairega

Trátase de dous cupóns do número 75.463, que foron premiados con 20.000 euros cada un no sorteo celebrado o pasado domingo 22
Once
photo_camera O encargado de repartir a sorte foi Aniceto Seoane Amado. EP

O encargado de repartir a sorte foi Aniceto Seoane Amado, vendedor da ONCE que ten o seu punto de venda habitual na Rúa da Pravia, xusto á beira da administración de  lotería Alcázar.

“É o premio máis grande que din nunca”, explica satisfeito o vendedor vilalbés, que leva uns 15 anos na capital chairega, pero xa estivo antes noutros puntos da provincia como Portomarín, Paradela ou o antigo hospital do Cabe.

“Lestes cupóns estiveron nun bar a vender, así que non sei se ou levou unha ou máis dunha persoa”, indicaba, recoñecendo que este luns “é un día mellor que outro” logo de poder facer feliz a algún veciño.

“Habitualmente os compradores son da zona, de aquí ou doutros municipios da comarca”, engadía, mentres seguía despachando cupóns coa ilusión de repetir premio, logo de quedar “á beira” de entregar tamén o Sueldazo do fin de semana.

Outros premiados

O cupón do 22 de xaneiro, dedicado ao Chevalier, oun doce típico de Burgos, deixou premios en outras localidades de Andalucía, Cataluña, Canarias, Madrid, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia.

O Sueldazo do Fin de Semana da ONCE ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a só un cupón. E premios de 2.000 euros ao mes durante dez anos, a outros catro cupóns.

Comentarios