Culturalia GZ e o Concello de Vilalba organizan un concurso de microrrelatos

Os interesados en participar teñen de prazo ata o 3 de maio

O Concello de Vilalba e Culturalia GZ organizan un Certame de Microrrelatos para conmemorar o Día do Libro e os premios entregaranse nun acto programado para o día 10 de maio na casa da cultura da capital chairega ás 20.00 horas.

Os interesados en participar teñen de prazo ata o 3 de maio e poderán participar todas as persoas que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou idade. Os relatos deberán estar escritos en galego , ser orixinais e inéditos e o tema é libre. Iso si, deberán incluír, polo menos unha vez, a palabra libro. As obras terán un máximo de cen palabras e cada concursante poderá entregar un único microrrelato.

Todos os traballos deberán presentarse no correo electrónico [email protected]. Enviaranse baixo pseudónimo e noutro correo os datos persoais de cada participante.

A decisión do xurado darase a coñecer o día 7 a través das páxinas web das dúas entidades convocantes, que tamén publicarán os microrrelatos gañadores a partir da semana seguinte á entrega de premios.

GALARDÓNS. Estableceranse tres categorías. En infantil, ata os once anos, e en xuvenil, de doce a 17, entregaranse tres premios, que inclúen un diploma, unha figura conmemorativa e un lote de libros para todos e a maiores unha tablet para o primeiro. Na categoría de adultos, a partir de 18 anos, entregaranse, xunto ao diploma, a figura e o lote de libros, 300 euros ao primeiro, 200 ao segundo e 100 ao terceiro.

Comentarios