Cruz Vermella organiza cursos de primeiros auxilios en once parroquias de Vilalba

As actividades, que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e setembro, arrincarán en Tardade o día 2

Cheri Grandío y Carlos Cea, durante la presentación. M. MANCEBO
photo_camera Cheri Grandío e Carlos Cea, durante a presentación. M.MANCEBO

Cruz Vermella, coa colaboración do Concello de Vilalba, iniciará o vindeiro luns cursos de primeiros auxilios en once parroquias do municipio. A actividade encádrase dentro do programa O rural máis vivo e permitirá aos veciños "saber como enfrontarse nos momentos máis decisivos dunha situación de emerxencia", explicou Cheri Grandío no transcurso da presentación, que se celebrou este mércores na casa da cultura e onde estivo acompañada por Carlos Cea, representante de Cruz Vermella.

Cea avanzou que os cursos, que terán unha duración de catro horas, "comezarán cunha parte teórica moi básica, para pasar despois a exercitar a práctica". Así, os asistentes poderán aprender a realizar a reanimación cardiopulmonar, a saber reaccionar en caso de atragoamento ou a facer pequenas curas cando se produce algunha queimadura doméstica.

As parroquias que se beneficiarán este ano da iniciativa serán Tardade, San Xoán de Alba, Nete, Vilapedre, Torre, Román, San Bartolomeu de Insua, Belesar, Codesido, Distriz y Santaballa. Para máis información sobre os cursos que se desenvolverán en xullo e setembro, os interesados poden chamar ao número de teléfono 620.21.81.27.

Comentarios