Retencións na N-VI ao seuu paso por Guitiriz tras caer un piñeiro sobre a calzada

A árbore obrigou a interromper o tráfico cerca do cruzamento do Mesón da Cabra

Un árbol caído en la N-VI en Guitiriz. C.A
photo_camera Unha árbore caída na N-VIN en Guitiriz. C.A

A caída dun piñeiro sobre a calzada provocou retencións este martes arredor das 14.00 horas na N-VI ao seu paso polo municipio de Guitiriz, preto do cruzamento do Mesón da Cabra.

Foron avisados efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Guitiriz e de Conservación de Estradas de Fomento, que se encargaron de cortar e retirar a árbore, que ocupaba todo o ancho da calzada. Non houbo feridos e o tráfico xa quedou totalmente restablecido.

Comentarios