jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

Correos aumenta o horario de atención e os servizos na oficina de Meira

Correos. ADP
Correos. ADP
O despacho pasa de abrir só dúas horas a tres e media. Os veciños poderán facer xiros ou pagar tributos e sancións

En plena pandemia e nunha época na que os servizos tenden a minimizarse ou reducirse ao máximo, Correos fixo unha aposta pola oficina de Meira, na que acaba de ampliar o horario de atención ao público e os servizos aos cidadáns, unha mellora que entrou en vigor o pasado 1 de novembro.

O obxectivo desta medida é "dar un mellor servizo" non só aos veciños deste municipio, senón tamén aos veciños da Pastoriza e Ribeira de Piquín, e obedece a unha vella reclamación do goberno local meirego, tal e como recordou o alcalde, o socialista Antonio de Dios. "Este era un tema que xa nos preocupaba desde hai tempo e co que empezamos antes das ultimas eleccións municipais. Incluso o levabamos non programa electoral", recorda o rexedor.

O horario da oficina de Meira pasa de ser de dúas horas diarias —antes abría de 9.00 a 11.00— a tres horas e media, estando aberta ao público de luns a venres de 10.45 a 14.15 horas.

En canto á ampliación do servizo, ata o pasado mes de outubro esta oficina —que segue estando atendida por unha persoa— dedicábase exclusivamente á admisión de envíos. Actualmente, os veciños poden realizar outros trámites de utilidade como son o envío de burofax, telegramas, os xiros nacionais e internacionais, pagar impostos, satisfacer os tributos da Deputación Provincial de Lugo, abonar os recibos de calquera subministración, sancións de tráfico, recargar móbiles e comprar entradas para actividades de lecer ou lotería, entre outros.

O alcalde de Meira mostrou a súa satisfacción por esta mellora por parte de Correos e recordou as xestións realizadas nos últimos meses, nos que mantivo conversas cos directores da entidade en Lugo e Madrid. "Agora hai unha oficina informatizada para toda a comarca, o cal era un compromiso do alcalde cos seus veciños e tamén cos dous outros concellos", manifestou De Dios.

OFERTA. Correos continúa diversificando a súa oferta nas oficinas postais, máis aló dos centrados en admisión e entrega. A comercialización da Tarxeta Correos Prepago Mastercard, non vinculada a ningunha conta bancaria, os acordos con diferentes institucións para permitir o pago dos seus tributos na rede de oficinas ou as alianzas con empresas para promocionar entre os clientes a súa carteira de produtos son algúns dos novos servizos incorporados recentemente.

Máis de 404.000 visitas en nove meses
As 24 oficinas de Correos da provincia recibiron 404.656 visitas durante os primeiros nove meses de 2020. Nos meses máis duros da pandemia, houbo máis de 82.500 visitas de persoas para facer xestións esenciais.

Xestiones
O 62% das visitas foron para realizar envíos ou adquirir outros produtos e servizos e o 38%, para recoller envíos rexistrados e paquetes. Os produtos de paquetería creceron un 16,56% respecto ao mesmo período en 2019.

Correos aumenta o horario de atención e os servizos na oficina de...
comentarios