lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Coreografías con premio a través das pantallas

Entrega de premios do I Concurso Online de Movemento. EP
Entrega de premios do I Concurso Online de Movemento. EP
O centro ocupacional de Vilalba deseñou as medallas para recoñecer as mellores propostas do primeiro Concurso Online de Movemento

Levan moitos meses sen adestrar, sen montar coreografías, sen poder xuntarse parar gozar da súa paixón compartida pola danza, pero aínda así, as alumnas da escola de Movemento de Vilalba non perden a ilusión nin as gañas de esforzarse, como probaron no I Concurso Online da entidade, no que as medallas foron deseñadas polo centro ocupacional vilalbés. 

Entrega de premios do I Concurso Online de Movemento. EP

A coreógrafa Clara Pérez, xurado en moitos certames de danza, e o bailarín italiano Fernando Marino, habitual en videoclips, encargáronse de cualificar as propostas, tendo en conta aspectos coma a técnica, a interpretación, a creatividade ou a execución final.  

Na categoría Baby, Olivia gañou o ouro, seguida de Anxo e de Noa. En Mini, Carla e Laura, Nuria e Paula e Lara e Sabela foron as premiadas e en Children dominaron Jimena, Paula, Mariña, Catuxa e Irene. Mariña foi prata e Aroha e Irene, bronce. Carla e Lucía levaron o ouro en Junior e Carla, a prata. Ademais, houbo mencións especiais para Olivia LB (bailarina revelación), Carla e Laura GR (expresividade e ritmo) e Carla MC e Lucía (mellor interpretación).

Entrega de premios do I Concurso Online de Movemento. EP

Coreografías con premio a través das pantallas
comentarios