Controis nos accesos de Vilalba velan polo cumprimento das restricións

A Xunta autoriza o desprazamento entre municipios pechados perimetralmente sempre que o motivo da viaxe sexa o de reagrupación familiar
Controles de tráfico en Vilalba.EP
photo_camera Control de tráfico en Vilalba.EP

A Garda Civil de Tráfico leva a cabo numerosos controis nos accesos á capital chairega para evitar que os usuarios se salten o peche perimetral de face á celebración das festas.

A Xunta autorizou os desprazamentos a entre municipios, a pesar das restricións, sempre que o motivo da viaxe sexa visitar á familia. Dado que o motivo de reagrupación "familiar" non é sinxelo de comprobar, os controis concentraranse en Galicia en zonas baixo restricións de maior afluencia e que poidan recibir nestas datas "un maior número de visitantes", anunciou o vicepresidente, Alfonso Rueda.

O municipio de Vilalba atópase nun nivel de restricións medio-alto, logo de baixar do máximo nivel que acupaba ata este luns. Isto implica o peche perimetral do municipio, o funcionamento da hostalería ao 30% no interior e o 50% no exterior ata as 17.00 horas, con grupos dun máximo de catro persoas.

Un total da 11.000 efectivos policiaisentre Nacional, Autonómica, Local e Garda Civil, redobrarán esforzos entre este mércores 23 e o sábado 26 para tratar de garantir o cumprimento das normas de seguridade para evitar o avance do coronavirus en Galicia.

Comentarios