O construtor Enrique Castro lidera en Meira unha lista de Galicia Sempre

O que fora tenente de alcalde co PP de 2011 a 2015, quixo volver á política activa da man de Manuel Martínez, unha persoa "seria e competente" coa que cre que fai "un bo equipo"

Enrique Castro. EP
photo_camera Enrique Castro. EP

O empresario da construción Enrique Castro, natural da Pontenova pero fincado en Meira desde hai catro décadas, liderará a candidatura de Galicia Sempre, o novo partido de Manuel Martínez, á alcaldía meirega.

Castro, que foi tenente de alcalde co PP de 2011 a 2015, quixo volver á política activa da man de Martínez, unha persoa "seria e competente" coa que cre que fai "un bo equipo", porque percibe que en Meira "as cousas están mal feitas".

Así, critica que se adxudiquen obras a empresas de fóra ou que se tirou a estrutura do edificio da música para construír a residencia de maiores, cando había terreos libres á beira, ademais de avanzar que negociará co presidente da Deputación para que esta se amoble e abrila.

Castro avanza que a súa lista inclúe "xente nova con ganas de traballar por Meira" e avanza que entre os seus obxectivos, se goberna, figura "rebaixar as taxas da auga e do lixo" ou impulsar a dotación de bandas rugosas no centro urbano para mellorar a seguridade.

A cabeza de lista de Galicia Sempre en Meira tamén quere dotar de rede de sumidoiros as zonas rurais e ampliar o polígono industrial para atraer empresas.

Comentarios