sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

O Consello de Ministros concede a Gran Cruz do Recoñecemento Civil a Ignacio Echeverría

Ignacio Echeverría. AEP
Ignacio Echeverría. AEP

O que fora veciño das Pontes faleceu tras intentar socorrer a unha muller no atentado de Londres do 3 de xuño de 2017

O Consello de Ministros deste venres aprobou o real decreto polo que se concedeu a título póstumo a Gran Cruz da Real Orde de Recoñecemento Civil a Ignacio Echeverría, o que fora veciño das Pontes falecido tras intentar socorrer a unha muller no atentado de Londres do 3 de xuño de 2017, e a outras nove vítimas.

Entre os condecorados figuran tres vítimas dos atentados xihadistas de Barcelona e Cambrils de agosto de 2017: Carmela Lopardo, Pablo Pérez Villán e Ana María Suárez López.

O Consello de Ministros outorgou a título póstumo a Gran Cruz aos gardas civís vítimas de Eta José Manuel Gómez Martiñán e Antonio Mateo Melero, asasinados en 1980 e en 1987, respectivamente, e a Juan María Araluce Villar, que en 1976 era presidente da Deputación de Guipúzcoa.

Jesús Miguel Haddad Blanco é outro dos condecorados. Era director xeneral de Institucións Penais cando o matou o Grapo en 1978 polos disparos de tres persoas que ían armados cunha metralleta e dúas pistolas.

Tamén se recoñeceu a Adolfo Cotelo Vilarreal, un avogado asasinado por un palestino cando ía no seu coche cunha das súas fillas, que resultou ferida no atentado; e a Manuel David Portas, o soldado sevillano de 19 anos que faleceu en 2007 nun atentado en Líbano.

O Consello de Ministros concede a Gran Cruz do Recoñecemento Civil...
Comentarios