Conmoción na Pastoriza e Meira pola morte do dono de funeraria Paz 

El empresario, de 57 años, era una persona muy conocida en ambas localidades
Funeraria Paz, tanatorio San Roque, en Meira. EP

Os veciños da Pastoriza e de Meira mostraban este martes o seu gran pesar tras coñecer a tráxica noticia do falecemento de Jesús Paz, o dono da funeraria Paz, situada no barrio pastoricense de Paraxes, onde tamén rexentaba a florería Jesma. O empresario, de 58 anos, era unha persoa moi coñecida en ambas as localidades. Tamén tiña un taxi e era o dono do tanatorio San Roque, situado no veciño concello de Meira. 

O falecido, separado desde hai moitos anos e con dous fillos, apareceu o martes pola mañá nun alpendre da súa propiedade. Aínda que a Garda Civil abriu unha investigación, descártase a intervención de terceiras persoas. 

Tras practicarlle a autopsia, será trasladado ao tanatorio San Roque e este xoves será o enterro ás 17.00 horas. Haberá misa na igrexa de Meira e será incinerado na intimidade familiar.