Un condutor novel vilalbés co carné retirado intenta fuxir dun control da Garda Civil

Estaba sen permiso ao perder a totalidade dos puntos  Cando lle deron no alto nun control en Meira, tratou de marcharse, pero foi interventados a uns 40 metros
Un agente de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un agente de la Guardia Civil. AEP

A Garda Civil imputou como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria a un mozo de 19 anos, veciño de Vilalba, que tiña o permiso retirado –ao perder a totalidade dos puntos– e intentou fuxir dun control de estrada.

Segundo a información facilitada pola propia Garda Civil, os feitos sucederon o pasado 2 de novembro na estrada Nacional 640, á altura do quilómetro 58, no municipio lucense de Meira.

Ao darlle o alto nun control de estrada, o condutor tratou de marcharse, pero foi interceptado polos axentes a uns corenta metros do punto de verificación.

Unha vez identificado o condutor e propietario do turismo, os gardas comprobaron que carecía de permiso de conducir, dado que xa perdera todos os puntos asignados. Ademais, o coche carecía de seguro obrigatorio e non tiña a ITV en vigor. O investigado foi posto a disposición xudicial.