Conduce a 162 por hora nun tramo limitado a 70 da LU-113 entre Rozas e Abadín

O condutor, un mozo de Guntín de 18 anos, foi sorprendido polo radar este luns

Zona en la que se produjo el accidente. GOOGLE MAPS
photo_camera Un tramo da LU-113, que une Rozas e Abadín. GOOGLE MAPS

Axentes do subsector de Tráfico de Lugo investigan a un condutor que foi cazado por un radar cando circulaba a 162 quilómetros por hora nunha zona que se atopa limitada a 70, nunha vía da comarca chairega.

O condutor foi sorprendido na mañá deste luns cando viaxaba pola LU-113, a estrada que une Rozas con Abadín. O radar detectou a infracción e o subsector de Tráfico abriulle unha investigación ao condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

O investigado é un mozo de 18 anos de idade, natural de Guntín.

ACCIDENTE. Na mesma estrada tamén se rexistrou un aparatoso accidente na mañá do luns, con un ferido. Unha muller de 37 anos de idade, veciña de Lugo e con iniciais M.P.S.L., tivo que ser evacuada nunha ambulancia do servizo de urxencias do 061 ao Hula tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo.

O accidente produciuse ao redor das nove e vinte da mañá na LU-113, cerca xa do núcleo abadinés de Moncelos. Un particular alertou aos servizos de urxencia sobre o sinistro, no que o vehículo acabou envorcando.

Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, axentes do subsector de Tráfico de Lugo e unha dotación do parque de bombeiros de Vilalba, aínda que a súa intervención non foi necesaria.