O Concello vilalbés despide o Verán Activo cun circuíto de karts a pedais

O ciclo de actividades rematou este venres
Participantes na última actividade do Verán Activo. M. MANCEBO
photo_camera Participantes na última actividade do Verán Activo. M. MANCEBO

O Concello de Vilalba despediu este venres unha nova edición do Verán Activo cunha xincana de karts a pedais, na que os pequenos puideron mellorar as súas habilidades ao volante nun circuíto que se instalou na explanada ao carón da piscina municipal, na área recreativa da Magdalena.

Ao longo das últimas semanas, o Verán Activo ofreceu diversas actividades de ocio gratuítas, dende colchonetas, inchables e xogos populares, pasando por obradoiros de taichí ou ioga, ata kaiak-polo ou patinaxe.

Comentarios