O Concello de Vilalba reparte 9.000 euros en premios para impulsar o comercio local

A iniciativa levarase a cabo a través da aplicación móbil D'compras por Vilalba
Elba Veleiro, na casa do Concello. C. PÉREZ
photo_camera Elba Veleiro, na casa do Concello. C. PÉREZ

O Concello vilalbés repartirá 9.000 euros en premios e agasallos a través dunha campaña dixital que busca incentivar o consumo no comercio local por parte dos veciños.

Para participar, será necesario descargar a aplicación para móbil D'compras por Vilalba e nela poderase comprar en calquera dos 37 negocios adheridos á plataforma para gañar puntos que logo poderán ser trocados por agasallos, así como promocións e descontos. Ademais, sortearanse tres Apple Watch entre os usuarios rexistrados ata o 22 de xullo.

Esta iniciativa é o último paso do programa Compite Vilalba, tras pasar por un diagnóstico da situación de cada establecemento e por unha fase de formación individualizada, co que o Concello trata de apoiar "aos sectores máis afectados pola pandemia", destacan, á vez que engaden que esta campaña "provocará un gasto estimado de 90.000 euros non comercio local".

Comentarios