viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

O Concello de Vilalba anuncia que celebrará as súas festas patronais

Procesión nas festas patronais de San Ramón e Santa María na súa edición do 2019. ARQUIVO
Procesión nas festas patronais de San Ramón e Santa María na súa edición do 2019. ARQUIVO
Os festexos celebraranse desde o 29 de agosto ata o 6 de setembro
O Concello de Vilalba anunciou que este ano celebrarán as festas patronais de San Ramón e Santa María, pero cun formato diferente e con actos adaptados a todos os protocolos e recomendacións de seguridade e saúde necesarias polo coronavirus.

Os festexos terán lugar desde o 29 de agosto ata o 6 de setembro, coincidindo coa feira mensual da localidade. Unha das citas habituais, a tradicional Xira campestre que se celebra o fin de semana previo aos días grandes, suspéndese ao "non poder garantir as condicións óptimas para a súa celebración", indican desde o Concello.

Outras, en cambio, mantéñense, como a celebración dos actos solemnes enmarcados dentro do Certame Literario.
O goberno local avanzou que a escritora María Reimóndez será a pregoeira este ano e que o día do patrón, 31 de agosto, haberá un concerto de
Sés. Engadiu que nos próximos días darase a coñecer a programación completa, que inclúe actividades para todos os públicos.

O Concello de Vilalba anuncia que celebrará as súas festas patronais
comentarios