Guitiriz pide que se recoñeza o tramo Vilalba-Betanzos como parte do Camiño Norte

O Concello solicita  a Xunta o recoñecemento oficial, e presenta como documentación unha investigación do Grupo de Amigos do Camiño Norte
Peregrinos en el Camino Norte, a su paso por Vilalba. C.PÉREZ
photo_camera Peregrinos en el Camino Norte, a su paso por Vilalba. C.PÉREZ

O Concello de Guitiriz solicitou o recoñecemento oficial por parte da Xunta do tramo entre Vilalba e Betanzos como parte do Camiño do Norte de Santiago. A reclamación parte dun acordo plenario aprobado na última reunión do consistorio de Guitiriz, que pide a recuperación oficial deste traxecto. 

A documentación remitida á Administración autonómica polo goberno de Guitiriz recolle a investigación realizada polo Grupo de Amigos do Camiño do Norte e a resposta afirmativa do Cabildo da Catedral. 

Este órgano determinou que "non cabe dúbida" de que o tramo formaba parte do antigo Camiño Norte, polo que daba o seu visto e prace a conceder a Compostela aos peregrinos que realicen esta ruta e cumpran cos requisitos. 

Tras esta resposta, segundo explica o Concello, os oito alcaldes dos municipios polos que trancurre este tramo reuníronse a principios de outubro para asinar unha declaración a favor da conservación e sinalización da ruta. 

Agora, pretenden que o Goberno autonómico recoñeza de xeito oficial o traxecto e o incopore mediante un decreto á ruta do Camiño do Norte, tamén coñecido como Camiño Real. 

Comentarios