O Concello de Guitiriz facilita o acceso a internet ao alumnado que o precise

A Garda Civil e a Policía Local colaboraron co IES Poeta Díaz Castro para facer chegar computadores a nove estudantes
photo_camera

O Concello de Guitiriz incrementará as partidas de urxencia social para facilitar o acceso a internet a aquelas familias que o necesiten e garantir así a igualdade de condicións para todo o alumnado do municipio, que deben continuar a súa formación de forma telemática durante o estado de alarma. As axudas poden ser desde a subministración de pendrives con datos adicionais ata achegues económicos que deben destinarse exclusivamente a facilitar o acceso á rede.

"Somos conscientes dá fenda dixital que aínda existe en moitos fogares do municipio e que impide que todos vos alumnos teñan as mesmas posibilidades en canto ás dificultades de conexión e ao acceso a plataformas", explicou a alcaldesa, Marisol Morandeira, que insta os posibles beneficiarios a porse en contacto cos servizos sociais municipais para solicitar estas axudas.

Doutra banda, a Garda Civil de Guitiriz e a Policía Local colaboraron coa dirección do IES Poeta Díaz Castro para facer entrega de nove computadores portátiles a outros tantos alumnos deste centro en distintos puntos do termo municipal para que poidan continuar cos seus estudos desde o seu domicilio durante a urxencia sanitaria.

Comentarios