O Concello de Begonte destina 240.000 euros a obras en varias vías

A primeira actuación realizouse nas inmediacións do club fluvial de Baamonde

O Concello de Begonte destina 240.000 euros a obras en varias vías do municipio co fin de mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade dos condutores e peóns. 

A primeira actuación, que se está acabando de executar –está pendente de pintar–, realizouse nas inmediacións do club fluvial de Baamonde, no Cercud. 

"Destinamos 70.000 euros financiados a través do Plan de Camiños da Xunta para aglomerar a pista", indica o alcalde, José Ulla, que indica que a vía reformada ten uns dous quilómetros de longo e que é unha actuación importante para mellorar o acceso ao club fluvial. 

A outra intervención, que conta con 170.000 euros de orzamento, gran parte financiados a través dunha subvención da Consellería de Industria, é a estrada que une o centro de saúde de Begonte co polígono industrial e o acceso ao cinto comarcal, a LU-P-1611. 

Esta obra, que aínda se está executando, inclúe melloras na calzada, as beirarrúas e a colocación de nova iluminación.

Comentarios