viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

O Concello de Vilalba acondiciona a escola infantil municipal, que abre en setembro

Escola infantil municipal de Vilalba. EP
Escola infantil municipal de Vilalba. EP
O proxecto incluíu substituír a cuberta ou habilitar un almacén O investimento na gardería vilalbesa foi de 12.000 euros

O Concello de Vilalba aproveitou este mes para realizar obras de acondicionamento no edificio da escola infantil municipal e que as instalacións puidesen estar listas para a súa posta en marcha en setembro, en horario de 8.00 a 20.00 horas.

A principal actuación consistiu en substituír a cuberta do inmoble, "xa que presentaba filtracións e nos últimos anos producira importantes problemas de humidades e pingueiras", recordan desde o goberno local. Esta intervención supuxo un investimento total de 9.938 euros.

A maiores desta obra, leváronse a cabo outras actuacións de menor envergadura para mellorar as instalacións, ás que se destinaron ao redor de 2.000 euros, como a habilitación dunha pequena zona exterior ou a transformación do antigo cuarto do depósito da caldeira de gasoil nun almacén. Os traballos completáronse co pintado de paredes e a limpeza e desinfección integral do centro.

A concelleira de educación, Antía Rama, avanzou que a gardería abrirá o mércores 2 e os primeiros días centraranse en labores organizativos. á espera do novo protocolo autonómico anunciado para o día 7, está previsto que os menores se incorporen na segunda semana de setembro.

O Concello de Vilalba acondiciona a escola infantil municipal, que...
comentarios