jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

O comité de crise das Pontes abre unha vía para futuras axudas da Unión Europea

Reunión do comité de crise co eurodeputado Nicolás González. EP
Reunión do comité de crise co eurodeputado Nicolás González. EP
O eurodeputado socialista galego Nicolás González mantivo unha reunión na localidade

O comité de crise pontés continúa coas reunións, tras a petición de Endesa do peche da térmica, e abre novas vías para defender o porvir da localidade e ter acceso ás futuras axudas á descarbonización que está a deseñar a Unión Europea. Así, o grupo de traballo local por unha transición xusta, liderado polo alcalde, Valentín González Formoso, reuniuse este venres co eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares.

"Que un membro da Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento Europeo faga un seguimento directo e teña comunicación directa co grupo local por unha transición xusta é algo que axuda. Supón ter unha canle de comunicación aberta non lugar non que se van xestionar e organizar as axudas para a descarbonización", expresou a concelleira de industria, Ana Pena.

Na reunión, na que tamén estivo presente a deputada pontesa Montserrat García, González Casares trasladoulles aos membros do comité de crise en que punto se atopa a tramitación das axudas, así como os criterios que se están barallando para o seu deseño, as diferentes negociacións que se van a levar a cabo unha vez que se poñan en marcha os sistemas que se van a empregar para recoñecer as rexións con dereito a este tipo de axudas e o obxecto das mesmas. O eurodeputado, ademais, comprometeuse a manter unha comunicación fluída, segundo explicaron desde o comité de crise, e a seguir visitando o grupo local para "traballar de forma conxunta e conseguir o máximo beneficio para Galicia".

A semana que vén reiniciaranse as protestas

A principios de outubro, o rexedor pontés xa se desprazou a Bruxelas para esixir fondos europeos para o fin do carbón. Non foi o único. Ese mesmo mes o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, tamén viaxou coa mesma intención e a comisión europea, segundo el anunciou, confirmoulle que Galicia poderá optar a estes fondos a partir de 2021.

Na reunión deste venres nas Pontes, ademais, a concelleira de industria recordou que o 20 de novembro, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica, decidiuse por unanimidade a inclusión de Galicia no Equipo País, o que tamén abrirá unha porta aos fondos para a descarbonización. "É un feito esencial, xa que as rexións que forman parte dese equipo van a ter a opción de participar nas axudas para a transición enerxética. Era un paso fundamental que, xunto ao feito de que formemos parte do plan de axudas estatais, fará posible minimizar o impacto negativo do cambio de modelo enerxético", expresou.

A semana que vén reiniciaranse as protestas. O martes os camioneiros volverán xa pola mañá a encerrarse no consistorio pontés e o mércores retomarase a concentración semanal dos traballadores das auxiliares, que xunto aos traballadores de Endesa, secundarán unha xornada de folga o día 14.

O comité de crise das Pontes abre unha vía para futuras axudas da...
Comentarios