Comeza a construción dunha depuradora ecolóxica en Xermade

Empezará a funcionar a finais de ano e abastecerá unha ducia de vivendas
Obras de la depuradora ecológica en Xermade. EP
photo_camera Obras de la depuradora ecológica en Xermade. EP

Esta semana comezou a construción en strong <>Xermade dunha depuradora ecolóxica, que funciona ao aire libre e con plantas e que abastecerá unha ducia de vivendas. A previsión é que empece a funcionar a finais deste ano. A instalación, con capacidade para filtrar 4.256 metros cúbicos ao día, sitúase nunha leira denominada Prado Vello e ocupará ao redor de 100 metros cadrados. 

Segundo destaca a Deputación de Lugo, que impulsa a obra xunto ao concello de Xermade, a infraestrutura mellorará o día a día de ata 25 veciños do barrio do Empalme, na parroquia de Cabreiros. Ata o momento, apunta, non contaban cun sistema de depuración de augas. 

Así, a depuradora é froito dun convenio entre a Deputación e o municipio, que destinaron 46.000 euros para a súa construción. Este tipo de sistemas de tratamento funcionan ao aire libre e con plantas, cun custo de funcionamento inferior ao das depuradoras convencionais, o que a converte, resalta o organismo provincial, "na opción máis vantaxosa" para núcleos de poboación pequenos. 

Comentarios