A colisión entre un turismo e unha camioneta en Vilalba sáldase cun ferido leve

O accidente tivo lugar na estrada LU-861 ao seu paso por Santaballa
Choque en Santaballa entre una camioneta y un turismo. SILVIA IGLESIA
photo_camera Choque en Santaballa entre unha camioneta e un turismo. SILVIA IGLESIA

Unha persoa resultou ferida leve nunha colisión que tivo lugar na estrada LU-861 ao seu paso por Santaballa, Vilalba. O suceso ocorreu minutos despois das 12.30 horas, cando unha camioneta que se incorporaba á estrada dende unha pista chocaba contra o turismo. 

A persoa ferida, un dos ocupantes da camioneta, foi trasladada ao hospital Virxe dos Ollos Grandes e ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario.

Comentarios