A reapertura de Hermo, o día do falecemento do seu fundador, citou este venres a máis de 2.000 persoas. Muimenta engalanouse para lucir coma antes e renderlle a debida homenaxe a Antonio Morán. Así, rexistráronse longas ringleiras —que non se vían dende hai tempo— para facerse coa entrada. Ata unha hora e media de cola na que daba tempo a rememorar a última vez que se bailara na tarima e a barallar se estarían Obdulia e os seus bocatas.
►A crónica completa, na edición impresa deste domingo de El Progreso