A CHMS limpa o río Ladra para mellorar o desaugadoiro da ponte de Uriz

El río Ladra desde el puente de Uriz, en una imagen de archivo. AEP
photo_camera O río Ladra desde a ponte de Uriz. AEP

A Conferencia Hidrográfica Miño-Sil aseará a canle do río Ladra para mellorar a capacidade de desaugadoiro da ponte Uriz, situada entre os municipios lucenses de Begonte e Outeiro de Rei.

Segundo informou o organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, estas actuacións están incluídas no encargo á empresa Tragsa para o Servizo de Conservación e Restauración de canles da Demarcación Miño-Sil, que se prorrogarán ata final de ano. 

A ponte de Uriz sobre o río Ladra data do século XIX. De fábrica de pedra, polas súas características acumula con facilidade restos de árbores na canle, o que supón unha diminución importante da capacidade hidráulica do mesmo xeito que a forza da auga, podería deteriorar a propia infraestrutura. 

Para evitalo, procedeuse retirada dos troncos, entre os que destaca unha árbore de gran porte e unha cepa, así como a vexetación retida e acumulada nos alicerces da ponte. Os traballos foron executados por unha brigada composta por catro operarios especializados co apoio mecánico dun camión-guindastre con bivalva e tractor. 

Comentarios