A CHMS destina 50.000 euros a acondicionar o cauce do río Azúmara

O organismo retirará árbores e vexetación de ambas marxes en 15 quilómetros
O organismo retirará árbores e vexetación de ambas marxes en 15 quilómetros. EP
photo_camera O organismo retirará árbores e vexetación de ambas marxes en 15 quilómetros. EP

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, realiza traballos de conservación e restaración no río Azúmara ao seu paso por Castro de Rei. O organismo destinará 50.000 euros a acondicionar ambas marxes do río nun percorrido duns 15 quilómetros.

Os traballos, encargados a Tragsa, prorrogaranse ata finais de ano e servirán para retirar árbores e vexetación tanto das marxes como do propio cauce, que provocaban múltiples tapóns e diferentes obstáculos que afectan á capacidade de desaugue do río.

"Se procederá a la retirada de árboles caídos o con peligro de caída al cauce, además de podas sanitarias y resalveos para la mejorar la estabilidad de la vegetación y facilitar el flujo en casos de avenida, disminuyendo así el riesgo de inundación" explican dende la CHMS, ao tempo que indican que a zona entraña certos problemas de acceso, sendo necesario facelo a través de fincas de particulares, polo que xa se está pedindo o consentimento dos propietarios.

Os traballos de limpeza executaranse de forma manual e farase uso de maquinaria -tractor con pluma e cabrestante- para o arrastre dos troncos e madeiras. Os restos vexetais transportaranse ao xestor autorizado e no caso dos ameneiros aplicaranse recomendacións profilácticas para evitar a propagación da Phytophthora alni. Nas tarefas está traballando unha brigada composta por catro operarios especializados e un capataz e prolongaranse ata a segunda quincena de xullo.

"Estamos valorando, al igual que en 2019, un contrato complementario de refuerzo que dé cobertura a un mayor número de tramos con problemas, con el ánimo de prevenir inundaciones", conclúen dende a Confederación Hidrográfica.

Comentarios