sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

Cemiterio de San Pedro de Eume: o enigma agochado entre as cunchas

Cemiterio de San Pedro de Eume, nas Pontes. MARTA MANCEBO
Cemiterio de San Pedro de Eume, nas Pontes. MARTA MANCEBO
A parroquia pontesa conta cun dos camposantos máis singulares de toda Galicia
WhatsApp Image 2021-07-06 at 10.56.57O lugar
A parroquia de San Pedro de Eume, que se ubica ao sur do concello das Pontes e depende do bispado de Santiago, limita con Goente e A Faeira.
Historia
Ata os 80 pertencía ao Concello da Capela —ao igual que Ribadeume, A Faeira, Bermui, Espiñaredo, Goente e Seoane,que tamén se anexionaron a As Pontes nesas datas—.
Curiosidades
Na antiga reitoral, hoxe en estado de abandono, hai un conxunto de catro reloxos: polar, vertical meridional, vertical oriental e vertical occidental.

A parroquia pontesa de San Pedro de Eume conta cun dos cemiterios máis singulares de toda Galicia.

WhatsApp Image 2021-07-06 at 10.55.31Sobre as sepulturas do vello camposanto, que se atopa a un lado da igrexa —un templo de planta rectangular con fachada en tres corpos rodeada de natureza e silencio—, sobresaen unhas coidadas e chamativas cunchas cuxo orixe é un enigma para todos. 

Nin os veciños nin o arcebispado de Santiago é quen de explicar cal é o fundamento desta práctica —hai teorías que din que é por unha cuestión estética, outras que falan da posibilidade de que algún peregrino deixase unha e se iniciase a tradición, aínda que non pasa ningún camiño pola zona—, que segue sorprendendo a todos aqueles que teñen a oportunidade de visitalo por primeira vez.WhatsApp Image 2021-07-06 at 10.56.48

Hai xa varias décadas que non se enterra a ningún veciño nesta zona do camposanto, aínda que son moitos aos que lles gustaría poder continuar coa tradición, para a que adoitaban recurrir aos restaurantes da zona, que lles surtían das ameixas e vieiras baleiras que precisaban para poñer sobre a terra.

Para mantelas coidadas e relucentes, os propietarios aproveitan a festividade de Todos os Santos, momento no que con moito esmero limpan unha a unha esas cunchas cheas de misterio.

Cemiterio de San Pedro de Eume: o enigma agochado entre as cunchas
comentarios