O Ceip Ramón Falcón recibe 270.000 euros para melloras nas súas instalacións

As obras no colexio de Castro de Rei inclúen a revisión da accesibilidade e a substitución de fiestras ou da iluminación por led
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Inauguración da nova biblioteca, en decembro. ARQUIVO

O Ceip Ramón Falcón de Castro de Rei, que este curso contou cunha matrícula de preto de 80 alumnos, beneficiarase dunha actuación de mellora integral por parte da Consellería de Educación, validada nunha das sesións do Consello da Xunta deste mes de xuño.

O investimento total prevista ascende a 270.000 euros, dos que un total de 250.000 correspóndense cun proxecto de reforma sectorial que inclúe a renovación da iluminación por un sistema led, co que mellorará a eficiencia enerxética e reducirá o consumo eléctrico, ou unha intervención na baixo cuberta para garantir o illamento do edificio, finalidade que tamén persegue a substitución das dobres ventás, moi deteriorados polo paso dos anos.

As obras, que inclúen tamén a mellora da accesibilidade, compleméntanse con outro investimento comprometido de 20.000 euros para ejectuar outros arranxos. Estas intevenciones sumaranse ás que se foron realizando nos últimos anos no centro, onde se renovaron a biblioteca ou os baños, reformouse o sistema eléctrico ou se substituíron as portas, cun investimento total que roldou os 80.000 euros.

Desde a dirección do centro educativo, que conta cun persoal de 14 profesores, tres deles itinerantes, inciden na necesidade de realizar esta reforma e recordan que hai tres anos xa remitiron un escrito á Consellería de Educación detallando as diversas necesidades que se detectaban nas instalacións, que este curso celebraban o seu 45 aniversario. De feito, estaba programada unha comida conmemorativa en marzo, que tivo que suspenderse pola crise sanitaria.

O Concello de Castro de Rei tamén compartiu coa Administración autonómica a importancia de levar a cabo unha adecuación das instalacións do Ceip Ramón Falcón, unha vez que xa se realizou unha importante reforma integral no outro centro educativo de primaria do municipio, o Veleiro Docampo de Castro.

Desde o goberno local destacan que o centro ha mantido a matrícula nos últimos cursos e que este tipo de servizos é fundamental para fixar poboación.

Comentarios