martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Cazado ao volante en Cospeito a 159 km/h nunha zona de 70

O vehículo interceptado en Cospeito a 159 por hora nunha zona de 70. EP
O vehículo interceptado en Cospeito a 159 por hora nunha zona de 70. EP
É o segundo condutor cazado na provincia na mañá deste xoves circulando ao dobre da velocidade máxima permitida

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron un condutor que circulaba no seu vehículo a 159 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 no municipio de Cospeito. Segundo informaron fontes da propia Benemérita, este condutor foi detectado por un radar móbil ás 09.38 horas, no quilómetro 11,200 da estrada autonómica LU-113 (Rozas-Abadín).

Dáse a circunstancia de que é o segundo condutor detectado este xoves pola mañá na rede viaria da provincia de Lugo mentres circulaba a unha velocidade moi superior, neste caso máis do dobre, á permitida.

Outro condutor foi detectado por un radar da Benemérita ás 07.57 euros no quilómetro 21,100 da estrada Nacional 540, á altura do municipio de Guntín, cando circulaba 166 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 quilómetros por hora.

Cazado ao volante en Cospeito a 159 km/h nunha zona de 70
Comentarios