Castro de Rei amplía a Edar cunha axuda de 792.000 euros do Estado

O proxecto contribúe á mellora enerxética da estación depuradora municipal, situada en Castro, e ao coidado do medio ambiente, coa redución das verteduras que ían ao río Lea
García, Rodríguez y Balado, en la Edar de Castro de Ribeiras de Lea. D. CENDÁN
photo_camera García, Rodríguez y Balado, en la Edar de Castro de Ribeiras de Lea. D. CENDÁN

A ampliación e mellora da Edar de Castro de Ribeiras de Lea acábase de facer efectiva cun investimento total de 1.040.000 euros. O 80% da mesma, 792.000 euros, correspóndese a unha axuda do programa DUS 5.000, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mentres que o Concello Castro de Rei con fondos propios, a cantidade restante.

A subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, visitou as instalacións, acompañada polo alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e polo edil local de Medio Ambiente, José Luís García Barja.

O proxecto desenvolvido na Edar de Castro de Ribeiras de Lea permitiu mellorar a eficacia das plantas da depuradora, reducindo as verteduras ao río Lea e contribuíndo a ampliar a cobertura do servizo da mesma a máis de 3.000 persoas do centro urbano.

"Estas melloras enmárcanse no sólido compromiso do Goberno central co municipalismo e co reto demográfico, orientadas a loitar contra o despoboamento", indicou a subdelegada, Isabel Rodríguez, quen engadiu que "esta renovada infraestrutura posibilita o crecemento da poboación do municipio, xa que coa anterior capacidade non podía conceder licenzas de obras a novas vivendas".

Pola súa banda, Francisco Balado explicou que a antiga depuradora estaba vertiendo "en condicións que non cumpría os parámetros que nos esixía a confederación hidrográfica, xa que non era o correcto, e con isto facémolo sen danar o río e ou seu leito", indicou.

Apuntou ademais que coa obra lógrase ampliar "a capacidade de depuración e de cobertura de habitantes, ademais de mellorar moito no sentido ambiental", polo que agradeceu a Rodríguez a oportunidade de contar cunha axuda "moi necesaria".

A subdelegada abundou en que "Castro de Rei é un exemplo de como o Goberno leva o plan de recuperación a todos os recunchos da provincia, impulsando a mellora de infraestruturas en concellos do reto demográfico e transformando a vida no rural".

Comentarios