Cinco casos de Covid en Vilaba, a maioría asintomáticos e todos da mesma familia

A alcaldesa, Elba Veleiro, asegura que o foco se mantén estable sen novos casos confirmados nos últimos días
Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba. EP
photo_camera Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba. EP

Os cinco membros da mesma familia de Vilalba seguen en corentena tras confirmar que todos eles padecen coronavirus. De todos os xeitos, desde a alcaldía do municipio aseguraron este xoves que o foco está controlado, sen novos casos confirmados durante os últimos días.

No municipio veciño de Xermade hai outros positivos, todos tamén pertencentes ao mesmo núcleo familiar.

En canto ao estado das persoas contaxiadas, a rexedora do municipio lucense precisou que só unha delas presentou "sintomatología leve", mentres que o resto están practicamente asintomáticas.

"Ao facer o seguimento dos primeiros casos, apareceron esoutros positivos, pero só unha persoa ten sintomatología leve", aclarou Elba Veleiro

En todo caso, recordou que o primeiro foi detectado o luns da semana pasada, de modo que "case, case" están a piques de saír "da corentena" sen que o número de positivos aumente de momento de forma preocupante. 

"Dentro duns días, a finais desta semana, van empezar a saír da corentena", insistiu, e "todos os positivos son do ámbito familiar. Non saíu de aí".

Para analizar a situación hoxe está prevista unha reunión da xunta de seguimento do Covid-19.

Comentarios