jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Oito casos de coronavirus entre un grupo de amigos en Abadín

Vacunas de la gripe y el coronavirus preparadas para su administración conjunta. EFE
Vacunas de la gripe y el coronavirus preparadas para su administración conjunta. EFE
Os afectados están illados e o foco acoutado, polo que non se esperan outras consecuencias

Un gromo detectado en Gontán (Abadín) suma oito casos de coronavirus, o que fixo aumentar a incidencia nese municipio. Os afectados son un grupo de amigos, entre o que hai tamén algúns familiares, que reuníronse en casas e nalgunha actividade ao aire libre.

Segundo informou o xerente da área sanitaria, Ramon Ares Rico, "a evolución da pandemia nas últimas semanas está a ser boa" na provincia lucense. "Estamos nun nivel de normalidade", afirmou para concretar que a incidencia acumulada sitúase por baixo dos 25 casos por 100.000 habitantes.

Con todo, explicou que "nos últimos días apareceu un pequeno gromo de orixe familiar" no concello de Abadín, con oito "casos confirmados ata o día de onte, todos da contorna familiar" e de amizades próximas.

Ares indicou que se fixo "a trazabilidade destes casos, que están illados". Ademais, comentou que se seguiron todos os contactos e a contorna máis próxima a estas persoas sen que aparecesen máis casos". Todo iso, aclara que "ata completar o ciclo epidemiolóxico de 15 días poida aparecer algún caso máis". Neste sentido, insistiu en que "está a evolucionar ben". "Esperemos que unha vez que pase o ciclo epidemiolóxico, desapareza".

Oito casos de coronavirus entre un grupo de amigos en Abadín
comentarios