Casco antigo de Castro de Rei: Aqueles tempos de castros e de castelos

Sobrre un asentamento castrexo ergueuse unha fortaleza medieval, de cuxa existencia dá hoxe testemuño un escudo exposto ao público ao carón da igrexa parrroquial de San Xoán
Igrexa de San Xoán, no casco histórico de Castro de Rei. C.PÉREZ
photo_camera Igrexa de San Xoán, no casco histórico de Castro de Rei
O lugar
O cinturón comarcal, como se coñece popularmente á vía provincial LU-P-1611, e a LU-P 1106, que une coa estrada Vilalba-Meira (LU-120), abrazan o alto no que están a igrexa de San Xoán e o casco histórico.
Recoñecemento
O Ministerio de Educación y Ciencia declarou o casco antigo de Castro de Rei como Conjunto Histórico Artístico en 1971. Tamén é BIC.
Ari
O Concello solicitou a declaración de Área de Rehabilitación Integral para boa parte do núcleo de Castro de Rei, o que inclúe o casco histórico. A Xunta validouna neste 2021.

Fonte e cruceiro. C.PÉREZ

Unha morea de pedras ben colocadiñas que semellan contar o tempo, como pouco en décadas, salpicadas aquí e acolá por sinuosos camiños e unha ampla colección de chanzos que parecen subir ao infinito, dan conta de que aí, no alto, debe haber algo curioso... e vello, no mellor sentido dunha palabra non sempre ben entendida. 

Escudo do antigo castelo. C.PÉREZPorque o casco antigo de Castro de Rei é iso, vetusto. Ese é o seu gran valor, os séculos de historia que atesoura e se recollen, a disposición de quen queira saber, nos coridos paneis que salpican o muro perimetral da Praza da Igrexa. Recordan figuras senlleiras ou as orixes do Sagrado Corazón e voltan a vista atrás para lembrar os tempos de castros e de castelos. 

Aquí houbo un asentamento castrexo —os vellos postos da feira coñécense como ‘encastras’ por estar adosados aos muros—, e sobre el, ergueuse no Medievo un castelo que se tivo en pé ata 1941 e do que hoxe se conserva o vello escudo, exposto ao pé da igrexa de San Xoán que preside o conxunto.

Un xardín cunha fonte seca e un cruceiro rehabilitado por un obradoiro no ano 2000 marcan o principal acceso ao lugar, onde conflúen as emblemáticas rutas da Escrita e do Azúmara e unha terceira de nova creación para os amantes da bicicleta. 

CASTRO DE REI (83)Escaleiras de acceso á Praza da Igrexa. CPÉREZ

Comentarios