A Casa-Museo Manuel María celebra este domingo o Día de Rosalía

A Asociación de Gaiteiros Galegos encargarase de interpretar a Alborada de Rosalía ás 12.30 da mañá

Unha edición anterior do día de Rosalía en Outeiro de Rei.AEP
photo_camera Unha edición anterior do día de Rosalía en Outeiro de Rei.AEP

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, celebra este domingo, 24 de febreiro, o Día de Rosalía cunha homenaxe popular, nunha xornada con lectura de poemas e música. 

Esta celebración con motivo do aniversario do nacemento da autora de Follas novas comezará ás 12.30 horas e a Asociación de Gaiteiros Galegos encargarase de interpretar a Alborada de Rosalía.

A Alborada de Rosalía é unha peza musical escrita polo propia poeta que se anima a interpretar a todos os gaiteiros galegos en homenaxe á autora.

As persoas que o desexen poderán recitar ou ler un poema de Rosalía, previa inscrición. Así mesmo, os grupos tradicionais ou gaiteiros que o desexen poderán interpretar a peza que desexen. 

Comentarios