A través da súa conta de Facebook, o Ratiño Pérez de Vilalba deu conta de que a súa casa sufriu un acto vandálico.
"Isto é o que pasa cando non hai civismo", denunciou o emblemático personaxe, aportando fotografías do estado da súa vivenda.
Varios veciños quixeron solidarizarse co afectado ao tempo que amosaban a súa indignación polo acto vandálico.