Un cartel alerta dun posible caso de coronavirus nun negocio das Pontes

Un familiar dun dos empregados está pendente dos resultados da proba
Cartel en un negocio de As Pontes alertando de un posible caso de coronavirus. EP
photo_camera Cartel nun negocio das Pontes alertando dun posible caso de coronavirus. EP

Un cartel nun negocio das Pontes sobre un posible caso de coronavirus espertou este mércores pola tarde as alarmas entre os veciños da localidade. Un familiar dun dos empregados, que estivo estes días en Madrid, está pendente dos resultados, que se saberán este xoves.
 

"Á espera dos resultados da avaliación efectuada polo Sergas ante un posible risco de contaxio por coronavirus, este establecemento permanecerá pechado ata que teñamos a certeza de que non existe contaxio algún. É polo ben de todos e esperamos a súa comprensión", reza a folla colocada no cristal do local. Unha medida que adoptan por precaución.

Comentarios