Capturan unha serpe nunha finca de Parga

Trátase dunha cobra da especie coñecida como de 'collar mediterránea'
A serpe. EP
photo_camera A serpe. EP

Axentes medioambientais da Xunta de Galicia capturaron en Parga (Guitiriz) unha serpe que estaba nunha finca particular, despois de que a persoa propietaria solicitara a súa intervención cando se decatou da presenza do réptil. 

Unha vez que a recolleron constataron que se trata dunha cobra da especie coñecida como de collar mediterránea (Natrix astreptophora), unha serpe de hábitos acuáticos, que non se considera perigosa nin é velenosa. Tras retirala da finca, os axentes devolvérona ao seu medio natural. 

Comentarios